Publicador de contidos
Publicador de contidos

A principal cadea hoteleira do mundo busca talento galego para as prácticas do verán

A principal cadea hoteleira do mundo busca talento galego para as prácticas do verán

Afirman que o perfil dos estudantes do Centro Superior de Hostalería de Galicia é do mellor que poden atopar

G24.gal 12/12/2024 15:04

A principal cadea hoteleira do mundo busca en Galicia alumnos en prácticas de dirección para o verán, que afirma que o perfil dos estudantes do Centro Superior de Hostalería de Galicia é do mellor que poden atopar para os seus hoteis de cinco estrelas. 

"Nas marcas de luxo como é o Ritz Carlton si temos estándares moi, moi altos. Buscamos tanto parte operativa, para cuartos e cociña, como administración, recursos humanos, eventos, imaxe...", asegura Ariadna Avellí, traballadora en Recursos Humanos do Hotel Arts Barcelona.

Precisan 50 alumnos nas prácticas de dirección e nas entrevistas participa Conor Cushnahan, director do Hotel Le Meridien de Tarragona, que explica que o "nivel de esixencia é moi alto cos traballadores e cos estudantes tamén. Vimos que o expediente que teñen non só é nunha área. Coñecen realmente como funciona un hotel".

"Viñeron polo programa de formación, a actitude dos alumnos, dos profesores...", explica Xosé Merelles, director xeral de Turismo de Galicia.

Na excelencia, a idea é reter o talento para que poidan quedar na cadea onde se forman. Prácticas das que tamén saca rédito a oferta hostaleira galega, xa que segundo o subdirector do centro de hostalería, Luis Rial, "cada vez están regresando máis, como xerentes de establecementos turísticos e como emprendedores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar