A prohibición da pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico entrará en vigor o 9 de outubro
A prohibición da pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico entrará en vigor o 9 de outubro
O Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe a normativa
O Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe o regulamento que prohibe a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico noroeste, que lles afecta directamente a uns 200 barcos galegos.
Unha vez publicada a normativa, a prohibición farase efectiva a partir do 9 de outubro. A conselleira do Mar analizou o asunto co ministro Luis Planas, na reunión preparatoria do próximo Consello Europeo de Pesca que se celebrará a semana que vén.
O Goberno galego admite que a situación é preocupante e insiste en que farán o posible para que a Comisión Europea rectifique a decisión.
"Entendemos que nin sequera as achegas científicas son suficientes para tomar esta decisión. Mañá teremos unha xuntanza co todo o sector, en que tamén participará o presidente da Xunta. Para nós é unha prioridade que a Comisión recapacite e deixe sen efecto este regulamento que acaba de publicar", di Rosa Quintana, conselleira do Mar.