Publicador de contidos
Publicador de contidos

A proliferación de fochas e de afundimentos do firme provocan riscos na rolda do Carme, en Lugo

A proliferación de fochas e de afundimentos do firme provocan riscos na rolda do Carme, en Lugo

Sinalan como causas a chuvia, o intenso tráfico e o estreitamento da vía polo carril bici

Félix Aragunde 05/04/2024 12:36

Os condutores que circulan pola rolda do Carme, unha das vías con maior densidade de tráfico en Lugo, levan semanas padecendo a deterioración progresiva do firme. Amosa fochancas e afundimentos da calzada cada vez máis grandes, en especial na beira esquerda.

Son varios os factores que explican os estragos no pavimento da rolda do Carme, segundo contan os usuarios.

Por unha parte, as duras condicións meteorolóxicas dos últimos meses, coma no resto das estradas, e por outra, a necesidade de arrimarse ao lado contrario da liña de coches estacionados entre o carril bici e a calzada.

A rolda fora pavimentada de novo hai tan só tres anos, cando se reconfigurou o tráfico. Pero o firme pouco durou en bo estado, polo que veciños e usuarios piden melloras co fin de minimizar riscos ao circular por esta vía.

Co obxectivo de reparar as fochas que están a proliferar na cidade, coma estas da rolda do Carme, a Concellería de Infraestruturas de Lugo ten habilitada unha partida orzamentaria de 200.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade