Cargando resultados...
'A radio conta', programa solidario en que participa a Radio Galega
'A radio conta', programa solidario en que participa a Radio Galega
A iniciativa é de oito emisoras que difundirán o programa o día 24 ás 17.00 h
G24.gal
14/12/2022 20:26
Última actualización 14/12/2022 20:37
A radio conta é un programa solidario que fan conxuntamente oito emisoras, entre as que está a Radio Galega. Este mércores gravouse no teatro Rosalía da Coruña.
Este programa solidario, iniciativa de oito radios públicas e privadas, alcanza este ano a décima edición e está dedicado á Asociación de Dano Cerebral da Coruña. A Radio Galega e o resto de emisoras participantes emitirán este programa, A radio conta, o 24 de decembro, día de Noiteboa, a partir das 5 da tarde.