A RAG recomenda denominar as bólas de plástico vertidas nas costas co termo "granulado"
A RAG recomenda denominar as bólas de plástico vertidas nas costas co termo "granulado"
A Real Academia Galega explica que o termo 'pélet' só nomea o combustible empregado en calefaccións e estufas
A Real Academia Galega (RAG), saíndo ao paso da actualidade causada pola vertedura de bólas de plástico que afectan o litoral do país, explica nun chío publicado na rede social X (antes Twitter), que o termo que se debe usar para denominar estas bolas é o de "granulado".
"Granulado/s" é o termo validado polo Servizo de Terminoloxía Galega para designar os conglomerados de resinas poliméricas que chegan estes días á nosa costa. Coma noutras linguas romances, a voz "pélet" só nomea o conglomerado de materiais vexetais utilizado como combustible. pic.twitter.com/dnRf1Gviuz
— Real Academia Galega (@AcademiaGalega) January 10, 2024
Di a RAG que este é a denominación validada polo Servizo de Terminoloxía Galega para designar eses conglomerados de resinas poliméricas.
Aclara que, coma noutras linguas romances, a voz 'pélet' só nomea o conglomerado de materiais vexetais utilizado como combustible.