A Real e o Celta Fortuna firman o empate
A Real e o Celta Fortuna firman o empate
Fer López, Raúl Blanco e Alfon contaron con ocasións, pero non puideron anotar
O Celta Fortuna chegaba a Zubieta coa intención de pechar a súa participación na promoción de ascenso, pero o partido non podía comezar peor, lesión dun Javi Rueda que estaba despregando o seu mellor fútbol da tempada. O partido non tiña un dominador claro, pero o Celta nas botas de Raúl Blanco e de Fer López tiveron a oportunidade de adiantar ao seu equipo no marcador. Malia todo, a ocasión máis clara foi da Real Sociedade B, Iñaki Ruperez plantouse man a man diante de Ruly pero mando o balón fóra.
A segunda parte tiña un comezo similar ao resto de partido, guerra de guerrillas, e non sería ata o minuto 56 que chegaría a primeira ocasión da segunda metade por parte de Raúl Blanco, tiro marca da casa e paradón do meta txuriurdin. Ningún dos dous equipo foi quen de meter un gol, e tampouco de ter oportunidades interesantes nesta metade. Xa nos derradeiros minutos os equipos semellaban que firmaban o empate e así acabaría o partido, co 0-0 que comezou.