A rebaixa do IRPF anunciada por Rueda afectará a un millón de galegos
A rebaixa do IRPF anunciada por Rueda afectará a un millón de galegos
A rebaixa dos primeiros tramos do imposto sobre a renda das persoas físicas anunciado polo presidente da Xunta afectará a un millón de galegos, cun aforro duns 46 euros cada un.
Estas son as estimacións trasladadas por fontes do Goberno galego, despois de que Alfonso Rueda avanzase esta deflatación do IRPF para os primeiros tramos, ata os 35.000 euros, co obxectivo de combater a inflación, que terá efectos desde o 1 de xaneiro.
O presidente da Xunta estimou que, con esta medida, os galegos aforrarán no seu conxunto un total de 46 millóns de euros.
Esta modificación significa que os límites que marcan o salto dun tramo ao outro, incluído o que establece aquelas persoas que están exentas de pagar IRPF, vanse elevar un 4,1 %, "na mesma medida que a suba media dos salarios no ámbito nacional", remarcaron as mesmas fontes.