A regasificadora de Mugardos traballa arreo ante a escalada de tensión no mercado
A regasificadora de Mugardos traballa arreo ante a escalada de tensión no mercado
A de Mugardos é a que máis medrou das seis españolas
En 2021 chegaron 24 barcos cun cargamento equivalente ao consumo de sete millóns de fogares nun ano
España ten seis regasificadoras que están traballando máis ca nunca. No caso da de Mugardos, na Coruña, cada vez chegan máis barcos, porque a galega é a planta que máis creceu o ano pasado.
Na planta de Reganosa, en Mugardos, é a que máis medrou das seis coas que conta o sistema do gas en España. Chegaron en 2021 un total de 24 barcos que descargaron o equivalente ao consumo de sete millóns de fogares nun ano.
A procedencia do gas é moi diversa para garantir a seguridade na subministración en caso de calquera eventualidade. É o que ocorreu no caso do peche do gasoduto do Magreb ou, neste momento, a escalada de tensión entre Rusia e Ucraína.
Jesús Losada, responsable de desenvolvemento de negocio de Reganosa: "Se o gas ruso deixa de vir non pasaría nada. Hai unha cesta de aprovisionamento moi diversa desde os Estados Unidos e outros países. Polo que non habería problema de abastecemento de gas en España".