Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rotura do casco do VOS 35 causa unha fuga de combustible fronte a Xibraltar

A rotura do casco do VOS 35 causa unha fuga de combustible fronte a Xibraltar

A vertedura está actualmente contida dentro da primeira barreira anticontaminación

Xibraltar declara o estado de Incidente Grave

G24.gal 31/08/2022 22:47

A rotura do casco que sufriu esta tarde o buque VOS 35 provocou unha nova fuga de combustible fronte á costa leste de Xibraltar.

As primeiras indagacións apuntan a que se trata de aceite lubricante.

O VOS 35 almacena no seu interior 215 toneladas de fuel óleo pesado, outras 250 toneladas de gasóleo e 27 toneladas de aceite lubricante.

A vertedura está actualmente contida dentro da primeira barreira anticontaminación despregada polas autoridades marítimas xibraltareñas.

Tamén aseguraron que "se fará todo o posible para retiralo do mar utilizando un skimmer e unha barcaza de lodos antes de que poida filtrarse fóra da barreira".

No dispositivo de salvamento asegurouse que todas as válvulas de combustible estaban illadas antes de que se producise a rotura do casco.

Con todo, Xibraltar declarou o estado de Incidente Grave ante a actual situación do barco, do que toda a tripulación foi evacuada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade