Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rotura dunha tubaxe de auga pon en risco a estabilidade da estrada entre Bergondo e Sada

A rotura dunha tubaxe de auga pon en risco a estabilidade da estrada entre Bergondo e Sada

Esixen medidas urxentes antes de que haxa que lamentar danos persoais

G24.gal 11/03/2024 13:58

A rotura dunha condución de auga na zona da Lagoa, en Gadarío, agravou nas últimas horas os problemas na estrada AC-162, entre Bergondo e Sada.

"Viñeron os de Viaqua, arranxárona e afundiu todo"; "A beirarrúa está toda levantada", comentan os veciños.

O certo é que os veciños levan anos alertando do desgaste do terreo que se está a producir nos noiros da marxe dereita da estrada que leva a Sada. Así que, para garantir a seguridade dos peóns, esixen que se tomen medidas, din, antes de que haxa que lamentar danos persoais.

"Eu xa caín aí dúas veces"; "Calquera día todo iso cae para abaixo e como colla a alguén, cae tamén".

Confían en que agora, tras este incidente, cheguen os arranxos. "Xa non tiñan que agardar a que pasase isto. A beirarrúa tiña que tela arranxado moito antes".

Desde o Concello de Bergondo informan de que xa validaron un proxecto de renovación das beirarrúas para executalo en canto se solucionen os problemas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade