A Sareb forza o desaloxo de 15 familias con vivendas en alugueiro en Narón
A Sareb forza o desaloxo de 15 familias con vivendas en alugueiro en Narón
Conseguiron paralizar a orde de desafiuzamento fixada para o 2 de decembro
A inmobiliaria non lles informou da situación cando alugaron os pisos
O que están a sufrir os inquilinos dos pisos de dous bloques da praza do Asilo de Narón responde a un cúmulo de presuntas irregularidades que os agora afectados van coñecendo a contagotas.
As vivendas promovidas por unha empresa en 2002 foron subarrendadas a outras sociedades que non chegaron a rexistralas nin a regularizar a situación.
A estas administradoras pagaban o arrendamento os inquilinos descoñecendo en todo momento que o contrato era ilegal xa que desde 2018 pasaron a formar parte da Sareb. Aseguran que na inmobiliaria nunca os informaron desta situación.
Foi a consecuencia das notificacións de Facenda onde se lles reclaman as débedas destas sociedades cando sae á luz a situación ilegal en que se atopan.
De momento conseguiron paralizar a orde de desafiuzamento que os obrigaba a abandonar as vivendas o día 2 de decembro.
Á espera do que resulte da vista que debe ter a Sareb no xulgado, aseguran sentirse indefensos malia ter todos os seus pagos en orde e piden apoio e unha solución para non ter que abandonar en breve os seus domicilios.