Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seca mingua a produción de froita e afectalle aos prezos

A seca mingua a produción de froita e afectalle aos prezos

As froitas de temporada non dan baixado os prezos 

Os produtores de melón e sandía estiman que este ano a produción se pode reducir ata nun 20 % pola seca

G24.gal 18/05/2023 14:30 Última actualización 18/05/2023 14:51

As froitas e hortalizas sofren a seca, que está a minguar a produción desta tempada. Andrés Góngora, responsable dr froitas e hortalizas do COAG, explica que "no caso da sandía, por exemplo, non se sementaron 2.500 hectáreas por falta de auga, e algo semellante pasa co melón".

Se hai un par de anos se pagaba a 50 céntimos o quilo de melón, agora roza os dous euros. "Estamos a producir cun volume suficiente pero aos consumidores cóbranlles un prezo bastante alto", reflexiona Góngora.

A falta de auga nas froitas de carabuña afecta tamén aos tamaños. Juan Andonegui, responsable de tendas de Frutas Nieves, conta que "hai cortes de auga que afectan ao final da campaña da fresa, non afecta tanto ao que se xa en árbore, pero inflúe nos calibres destes produtos, os máis grandes pagaranse a un prezo elevado". 

Malia que a froita, en xeral, baixou de prezo un 4,2 % en abril, na rúa non se sente. O 65 % dos consumidores busca froita de tempada e o 40 % fíxase na orixe destes alimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade