Cargando resultados...
A segunda reunión do CXPX para nomear os maxistrados do TC remata sen acordo
A segunda reunión do CXPX para nomear os maxistrados do TC remata sen acordo
O sector conservador insiste en que segue sen atopar maxistrados do Supremo dispostos a postularse
G24.gal
21/09/2022 12:54
A reunión entre os vogais do CXPX que negocian os nomeamentos de dous maxistrados do Constitucional terminou novamente sen acordo e sen data para un terceiro encontro, cando o próximo día 29 se celebra un pleno que coincide coa visita a España do comisario de Xustiza, Didier Reynders.
O encontro terminou como se esperaba, sen acordo, pois aínda que os progresistas puxeran sobre a mesa os nomes de nove candidatos, o sector conservador insiste en que segue sen atopar maxistrados do Supremo dispostos a postularse, como sosteñen desde o inicio das negociacións.