A semana pasada batéronse 60 marcas de calor en 29 provincias
A semana pasada batéronse 60 marcas de calor en 29 provincias
Córdoba chegou aos 38,8 graos, a máxima peninsular máis alta alcanzada nun mes de abril dende que hai rexistros
Volve a calor, pero lonxe das altas temperaturas da semana pasada. Batéronse 60 marcas en 29 provincias españolas.
Foi a marca das marcas: os 38,8 graos que alcanzou o mercurio en Córdoba o pasado xoves. O valor máis alto rexistrado nun mes de abril na España peninsular desde 1945, en que hai rexistros. Desbancou a Elxe e sorprendeu os cordobeses.
O teito da calor deixou temperaturas inéditas en Badaxoz e Granada, rozando os 37 graos. Superados en Sevilla, 37,4, en plena Feira de Abril.
De 36 a 34 en Cidade Real, Toledo ou Cáceres... superados os trinta amplamente en Albacete, Salamanca ou Valladolid. Son só algunhas marcas de máximas que xa se advertira, ían chegar.
"É un episodio realmente inusual con temperaturas entre 10 e 15 graos por riba do normal nesta época do ano, do que non hai rexistros en máis de 40 anos", avanzaran desde AEMET.
Calor tamén de noite, cunha trintena de históricas nas mínimas. A madrugada do venres foi a máis cálida do mes, por riba dos 20 graos en Xaén e Cádiz. En Galicia, marcou Lugo, 13 graos de mínima que non se rexistraban desde hai máis de trinta anos.
Con todo, o récord absoluto dun mes de abril en España continúa fóra da península. Os 40 graos de Gran Canaria en 2013.
É o reconto que ofrece Servimedia con datos recollidos en 800 estacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía.