Cargando resultados...
A suba dos produtos e da enerxía golpea a hostalería
A suba dos produtos e da enerxía golpea a hostalería
Moitos establecementos asumiron xa unha baixada de marxes
G24.gal
26/06/2022 14:15
Última actualización 26/06/2022 14:57
Vigo comeza o verán con novas instalacións hoteleiras e con moitas ganas de gozar da vida, aínda que todo nos resulte máis caro.
Os máis castigados pola crise son os da restauración porque están afrontando constantes subas de prezos na mercadoría e na enerxía e cústalles facer repercutir os custos na clientela.
Non saben canto tempo poderán aguantar así asumindo un constante incremento de prezos. Malia todo, o verán preséntase con boas expectativas. O gran temor no sector do aloxamento e da restauración é para a costa de setembro, xa que pasada a alegría das vacacións os prezos poderían seguir subindo e o gasto empezaría a reducirse.