Cargando resultados...
A tarifa mínima diúrna do taxi sobe 30 céntimos en Galicia
A tarifa mínima diúrna do taxi sobe 30 céntimos en Galicia
Mantense o prezo por cada paso do taxímetro, que segue fixado en cinco céntimos
O taxímetro saltará agora cada 42 metros e non cada 46 como ata o de agora
G24.gal
06/05/2022 21:40
Segundo publicou este venres o Diario Oficial de Galicia, a tarifa mínima diúrna do taxi pasa dos 3,30 euros aos 3,60. É a primeira suba que se aproba en nove anos para os servizos do taxi interurbano en Galicia.
O que se mantén como estaba é o prezo por cada paso do taxímetro, que seguirá custando 5 céntimos. Pero a partir de agora o taxímetro saltará cada 42 metros, fronte aos 46 de antes. Por este motivo, a Unión de Consumidores de Galicia fala dunha suba encuberta.