A Tarxeta de Mobilidade para maiores de 65 esperta moito interese entre os beneficiarios
A Tarxeta de Mobilidade para maiores de 65 esperta moito interese entre os beneficiarios
Poderán facer de balde 60 viaxes ao mes no transporte autonómico
Como xa saben, dende o primeiro de xaneiro deste ano os maiores de 65 anos poden utilizar gratuitamente o transporte público da Xunta de Galicia. Una iniciativa que beneficia especialmente as persoas que residen nas zonas rurais e que está a espertar moito interese entre os usuarios.
Poderán realizar de balde ata 60 traxectos ao mes. A conselleira de Infraestruturas e mobilidade di que se trata dunha axuda para as persoas maiores de 65 anos e tamén potencia unha mobilidade máis sostible nos autobuses autonómicos.
Una iniciativa do Goberno galego recibida con agrado polos principais beneficiarios, os habitantes das zonas rurais e periféricas. Carmen Prieto, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Betanzos, di que están encantados con poder viaxar gratis.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, achegáronse a Betanzos para dar resposta ás dúbidas da Asociación de Mulleres Rurais LIAFAIL. Ethel Vázquez di que se trata de explicar polo miúdo o funcionamento da tarxeta para que o maior número de persoas se beneficien do bus gratuíto.
Lembremos que os interesados deben solicitar a Tarxeta de Mobilidade de Galicia a través de oficinas de Abanca presentando o DNI e facer un ingreso mínimo. O custo das viaxes reembolsarase automaticamente cada 15 días.
Tan só neste 2024 a Xunta destinará cinco millóns de euros para poder viaxar de balde en 3.500 liñas de autobuses, no barco da ría de Vigo e no FEVE, estendendo así aos maiores a gratuidade no transporte público autonómico que xa viñan desfrutando 160.000 mozos.