Cargando resultados...
A temporada de verán en Galicia superou as expectativas do sector turístico
A temporada de verán en Galicia superou as expectativas do sector turístico
O presidente do Clúster Turismo de Galicia di que tras un xuño non tan bo, en xullo comezou a remonta e no mes de agosto "as cifras foron moi boas"
G24.gal
04/09/2023 15:02
Nunha entrevista no Bos días, o presidente do Clúster Turismo de Galicia fixo balance do verán que remata. Malia que as eleccións xerais ralentizaron o arranque da temporada, o balance é moi positivo.
"O mes de xuño non foi tan bo como esperabamos, pero empezamos a remontar en xullo. E no mes de agosto as cifras foron moi boas. Mesmo nalgunhas zonas do Salnés, como no concello de Sanxenxo, nas tres primeiras semanas de agosto tiveron unha ocupación de case o cen por cento", asegurou Cesáreo Pardal.
Tamén destacou o incremento de turistas internacionais, especialmente na provincia da Coruña.