Publicador de contidos
Publicador de contidos

A terceira xornada de folga en Iberia comeza con normalidade en Galicia

A terceira xornada de folga en Iberia comeza con normalidade en Galicia

A compañía cancelou para este domingo once voos entre Galicia e Madrid, en plena operación retorno

G24.gal 07/01/2024 14:05 Última actualización 07/01/2024 14:44

Terceira xornada de folga dos traballadores do servizo de asistencia en terra de Iberia. No aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago, a xornada comezaba con normalidade.

"Todo ben, saímos á hora, pero a verdade é que me cambiaron dúas veces o voo, a priori ía chegar onte, ao final chegamos hoxe, pero puidemos cambiar ben e sen problema. Eu tiña a posibilidade de cambialo, outras persoas seguramente non tiñan esa posibilidade".

"Non tivemos ningún problema, estiven vendo o panel de voos e non había ningún atraso".

Con motivo da folga, Iberia cancelou para este domingo 11 voos entre Galicia e Madrid, en plena operación retorno. 

"Non tiven ningún problema, non me afectou a folga de Iberia así que bastante ben", "nós non facturamos maletas, había máis problemas na facturación", comentaban.

Segundo datos de Aena, entre as chegadas e as saídas, para este domingo estaban previstos algo máis dun cento de voos nos tres aeroportos galegos. Vinte e oito na Coruña, 64 voos en Compostela, e 22 en Vigo. Remataron as vacacións de Nadal e chega agora a volta á rutina.

"Vai ser dura, vai ser complicada, hai que cumprir coas obrigas do traballo".

"Hai gañas de volver tamén á casa un pouco".

"É a volta ao traballo, á gardería..., pero con gañas tamén".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade