Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tregua anunciada por Putin en Ucraína toca á súa fin sen materializarse

A tregua anunciada por Putin en Ucraína toca á súa fin sen materializarse

As partes acúsanse de bombardeos dun lado e do outro 

G24.gal 07/01/2023 20:35 Última actualización 07/01/2023 20:46

A poboación ucraína e a rusa celebraron este sábado o Nadal ortodoxo baixo a sombra da guerra. En puntos próximos ás frontes de combate, os festexos de Pascua trasladáronse aos refuxios.

De feito, o alto o fogo de 36 horas, anunciado por Vladimir Putin con motivo desta celebración, non se fixo realidade. As partes acusáronse de bombardeos dun lado e do outro. 

Mentres Moscova asegura que se limitou a responder ás accións ucraínas, Kíiv mantén que a declaración de tregua non foi máis ca unha manobra do Kremlin para gañar tempo e tratar de mellorar posicións. De calquera maneira, a intelixencia británica afirma que a loita seguiu ao nivel de rutina.

Coa guerra lonxe dunha solución dialogada, Ucraína celebra a chegada de máis axuda militar. Os Estados Unidos prometéronlle 3.000 millóns de dólares en armamento, incluídos carros de combate. A maior partida ata o momento. Alemaña e Francia tamén lle van mandar tanques.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade