Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE autoriza partir as pílulas de adultos para tratar nenos ante a escaseza de antibióticos pediátricos

A UE autoriza partir as pílulas de adultos para tratar nenos ante a escaseza de antibióticos pediátricos

O medicamento é o mesmo, pero en pílulas en lugar de xarope ou sobres

Hai que calcular as doses para non darlle antibiótico de máis o neno

G24.gal 31/01/2023 14:31

A escaseza de antibióticos pediátricos en Europa está obrigando a partir pastillas de adultos para tratar os nenos. Os farmacéuticos afirman que o problema de subministración non é grave, e que sempre hai alternativas para o paciente.

Se un neno necesita unha dose de 250 miligramos de antibiótico, non hai contraindicacións para darlle a metade dunha pílula de 500 miligramos dun adulto. É unha medida que acaba de aconsellar o órgano sobre seguridade do medicamento da Unión Europea ante a escaseza de tratamentos pediátricos.

"É axustar a dose nada máis, o medicamento é o mesmo. Hai que estar atento a non darlle de máis, axustar ben o cálculo. A única diferenza é que vén en comprimidos en lugar de xarope ou sobres", di Ignacio Labella Lozano, farmacéutico.

Un dos obxectivos da medida é precisamente reservar as presentacións en xarope, as máis escasas, para bebés de menos de seis meses que non poden tomar pílulas. 

"Eu sempre o fixen así, coas doses que me ían dicindo os pediatras", comenta unha veciña de Santiago. Se din que ten que ser así haberá que aceptalo, non sei", di outro.

En calquera caso, os farmacéuticos aseguran que non hai un problema de desabastecemento e que sempre vai haber alternativas para o paciente.

"Creo que non é un problema grave, é molesto para os pacientes porque ás veces recéitanlle un medicamento que non hai na farmacia pero que se pode substituír por outro igual, doutra marca. E se non é o caso, hai outras alternativas, a molestia é que ten que ir ao médico para que llo receite", explica Labella Lozano.

Á escaseza derivada dos problemas de fabricación de envases ou prospectos provocados pola suba dos combustibles e a guerra de Ucraína, sumouse o incremento da demanda debido á repunta de doenzas respiratorias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos