Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Unión Europea propón estender o pasaporte covid un ano máis

A Unión Europea propón estender o pasaporte covid un ano máis

A validez do documento chegaría ata xuño de 2023

G24.gal 03/02/2022 20:29

A Unión Europea precisamente propón ampliar a validez do certificado covid ata o verán do 2023, en concreto, a data límite sería o 30 de xuño de 2023.

Dependerá tamén da evolución da pandemia, de se aparecen novas variantes ou se a vida recupera totalmente a normalidade.

Pero, polo de agora, Bruxelas propón un ano máis de validez ao documento que nos permite viaxar entre países da UE, desfrutar de menos restricións ao viaxar, entrar nos locais de hostalería e acceder a eventos deportivos ou culturais.

Haberá máis cambios no certificado covid: poderá recoller os resultados de tests de antíxenos feitos en laboratorios e as doses das vacinas subministradas en diferentes países.

Bruxelas tamén permitirá que as persoas participantes nos ensaios clínicos de vacinas ou tratamentos contra a covid-19 poidan desfrutar do documento. Esta foi unha petición da farmacéutica española Hipra ante as dificultades para atopar voluntarios para os seus ensaios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos