Publicador de contidos
Publicador de contidos

A venda de polbo impulsa a facturación nas lonxas, que medrou un 8 % en xaneiro

A venda de polbo impulsa a facturación nas lonxas, que medrou un 8 % en xaneiro

Empeza o ano cun incremento no volume de capturas do polbo

O cefalópodo aumenta o seu valor comercial coa demanda en alza

Pesca artesanal de polbo
G24.gal 04/02/2022 14:19

Este ano a pesca do polbo empezou con bo pé. As cifras avalan un aumento tanto en capturas como en valor comercial, o que incide directamente na facturación das lonxas que medrou un 8 % en xaneiro, unha tendencia que na de Vigo xa se viña notando meses atrás.

"A tendencia que marcou o ano anterior indicaría que este ano deberiamos seguir por aí cun crecemento de ata un 40 % en número de quilos, como foi o ano 21 e ata un incremento do 60% do valor destes quilos", comenta Xesús Vázquez Almuíña, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

O bo tempo permitiu máis días de pesca. Nas rías hai polbo xa cumprido e tamén moita cría, polo que as perspectivas para os vindeiros meses son boas. A demanda segue en aumento, polo que o prezo non baixa.

"Subiu máis de dous euros e pico, un valor que agora mesmo está en máis de oito euros por quilo", apunta o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

As empresas de elaboración e conxelado están aproveitando as boas capturas para facer abastecemento.

"Os anos pasados foron críticos, había moi pouca captura e este ano si que remontamos. Estamos a almacenar para o verán porque no verán sempre escasea, empezan os barcos tamén ao marisco, entón agora estamos comprando para poder despois ter produto para todo o ano", informa Mercedes González, administradora do frigorífico Rosa de los Vientos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos