Publicador de contidos
Publicador de contidos

A violencia sexual entre menores aumentou case un 60 %

A violencia sexual entre menores aumentou case un 60 %

A Fiscalía pide crear protocolos para impedir o acceso de nenos e adolescentes a webs de contido sexual violento

No seu informe indica que case unha cuarta parte de adolescentes foron xa vítimas de acoso sexual en rede

G24.gal 23/03/2023 14:06

Despois dun retroceso na pandemia, as agresións e abusos a menores e entre menores volve aumentar.  Os psicólogos subliñan que ese tipo de condutas son o resultado dun proceso longo que hai que reverter e que xa comeza na primeira infancia e que se xesta en espazos onde a referencia dos adultos non está presente.   

"As condutas sexualizadas empezan xa de nenos".

"E non é porque os adultos non queiran supervisalo, é porque non poden, non teñen tempo. Ese é o xeito en que vivimos. As redes así convértense nun extramundo onde os adultos non teñen cabida e aí os adolescentes quedan moi vulnerables", lamenta a psicóloga sanitaria Carme Hermo.

Nesas redes os menores acceden a unha información que vén de estraños, mesmo de persoas que mercantilizan cos corpos.

"Ao final o que se consegue é que se normaliza un uso do corpo que non é humano", expón Carme Hermo, que é tamén vicesecretaria do Colexio de Psicoloxía de Galicia.

O propio informe da Fiscalía pon o foco na facilidade de acceso dos menores a páxinas de contido sexual violento. Xusto o contrario do que debería ser unha educación afectivo-sexual baseada na empatía.

 "A prevención ten que ser en rede, non podemos deixárllela só aos pais, ás escolas ou ás administracions públicas. Todos os membros da sociedade somos responsables de pensar que tipo de valores estamos transmitindo".

A Fiscalía subliña tamén falta de persoal especializado e carga laboral excesiva entre os que teñen a tarefa de previr.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade