A vixencia do título de familia numerosa amplíase ata os 26 anos do fillo menor
A vixencia do título de familia numerosa amplíase ata os 26 anos do fillo menor
O título en papel substitúese por outro en formato tarxeta e dixital
A aplicación móbil xunta.eu permitirá aliviar os numerosos trámites das familias
O título de familia numerosa non terá que renovarse anualmente. A Xunta de Galicia amplía a validez desta acreditación ata que o fillo menor faga os 26 anos. Anunciouno a conselleira de Política Social nun encontro con membros da asociación AGAFAN.
Fabiola García explicou, ademais, que o tradicional título en papel se substitúe por outro en formato tarxeta e tamén en formato dixital, accedendo a través da aplicación móbil xunta.eu, que permitirá minimizar os trámites e que xa está á disposición das 27.000 familias numerosas galegas.
A conselleira lembrou que estas actuacións se levaron a cabo en colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas para aliviar o número de solicitudes de renovación que reciben cada ano e para facilitar os seus trámites.