A voz poética de Darío Xohán Cabana resoa no Día Mundial da Poesía
A voz poética de Darío Xohán Cabana resoa no Día Mundial da Poesía
A Real Academia Galega rende homenaxe ao poeta falecido en 2021
A Fundación Luís Seoane acollerá o xoves 23 de marzo un acto público no que familia, amizades e poetas porán voz aos textos do escritor e académico
O público recibirá a plaquette 'Darío Xohán Cabana, estirpe de labradores'
Margarita Ledo Andión, Chus Pato, Marilar Aleixandre, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Anxo Angueira son algunhas das voces que evocarán a figura literaria de Darío Xohan Cabana nun acto que abrirá o presidente da Academia Víctor Freixanes e no que participará Alexandra Cabana Outeiro, filla do escritor.
A homenaxe, coordinada pola directora da Sección de Literatura da Academia, Marilar Aleixandre, e centrada na obra poética do escritor, evocará tamén o seu labor como tradutor coa intervención de María Alonso Seisdedos, e contará coa intervención musical de Lois Pérez.