Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre 32 listaxes de contratación temporal na Administración

A Xunta abre 32 listaxes de contratación temporal na Administración

Pódense consultar o portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica no apartado de ‘Listas de contratación’

G24.gal 01/03/2023 11:29

A Xunta abriu este mércores a inscrición en 32 listaxes de contratación temporal para traballar na Administración, un prazo que concluirá o próximo 2 de maio.

Segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), 24 destas listaxes son para persoal funcionario e o resto (8) para persoal laboral.

Entre outros servizos, as listaxes permiten acceder a postos de traballo en centros formativos, centros de atención a persoas con discapacidade ou en residencias de maiores.

Estas listaxes permiten "cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar" os servizos públicos, segundo a Xunta, que incide en que entre as listaxes abertas están as de enxeñeiros de camiños, canles e portos; de minas e de montes; veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, enfermeiro, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, auxiliar de enfermería ou xefe de cociña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade