A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo este domingo
A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo este domingo
O resto do litoral galego estará en alerta amarela por mar combinada do noroeste con ondas de ata 5 metros
A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes lanzou esta alerta co propósito de "garantir a seguridade dos bens e as persoas".
A través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse da situación aos concellos das provincias afectadas, así como a deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.
🟠🌊#Alertas112
— 112 Galicia (@112Galicia) December 21, 2024
Activa a precaución na costa da #Coruña e #Lugo por ondas de ata 6 metros
🔗 https://t.co/OmbX74ftdP
🔻
🔻
🔻
Activa la precaución en la costa de #ACoruña y Lugo por olas de hasta seis metros pic.twitter.com/NwaeDpzePH
Nun comunicado, a Xunta lembra que segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora da tarde de mañá domingo por mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros.
O resto do litoral galego estará en alerta amarela por mar combinada do noroeste con ondas de ata 5 metros.
A Xunta advirte da importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques e paseos marítimos.
A administración autonómica tamén solicita que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Ademais aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.
Hoxe comeza o inverno astronómico
MeteoGalicia lémbranos a través das redes sociais que hoxe comeza o inverno astronómico cunha xornada fría con xeadas nas provincia de Ourense e con temperaturas de ata menos -5,4 graos baixo cero. Temperatura que se rexistrou en Calvos de Randín.
Hoxe comeza o inverno astronómico #SolsticioDeInverno cunha xornada fría con xeadas na provincia de #Ourense (#CalvosDeRandín -5.4ºC, #Verín -4.7ºC), ceos con máis nubes canto máis ó norte, onde mesmo haberá algún orballo ocasional. Bo día! pic.twitter.com/w6m406YUXQ
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) December 21, 2024