Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio do concello de Arbo xa leva arrasadas 350 hectáreas

O incendio do concello de Arbo xa leva arrasadas 350 hectáreas

Continúa activada a situación 2 pola proximidade do lume ás casas

G24.gal 30/07/2022 11:20 Última actualización 31/07/2022 13:12

A Xunta solicitou este sábado a declaración da situación 2 pola proximidade ás casas dun incendio rexistrado en Mourentán, no municipio de Arbo, que queimou unha superficie provisional de 350 hectáreas.

Esta medida preventiva decidiuse pola proximidade ao núcleo habitado das Searas. O incendio orixinouse ás 3:17 horas da pasada madrugada.

A intensidade do vento, con refachos de case 35 quilómetros por hora, dificulta os traballos de extinción.

Na extinción do lume traballan tres técnicos, nove axentes, 30 brigadas, 21 motobombas, catro pas, oito avións e nove helicópteros. Tamén a Unidade Militar de Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade