Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta adxudica de 70 prazas de pediatras en centros de saúde e hospitais comarcais

A Xunta adxudica de 70 prazas de pediatras en centros de saúde e hospitais comarcais

O Sergas resolve o concurso para destinos de difícil cobertura adxudicando 70 das 72 vacantes

G24.gal 29/02/2024 14:30 Última actualización 29/02/2024 15:11

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves a resolución do concurso de méritos para adxudicar un total de 70 prazas estables de pediatría en centros de saúde considerados de difícil cobertura e en hospitais comarcais.

Na súa comparecencia posterior á reunión semanal do seu goberno, agora en funcións, Rueda confirmou a resolución desta convocatoria sen oposición que buscaba estabilizar ata 72 vacantes.

Por tanto, dous quedaron desertas, pero o presidente garantiu que se volverán a ofertar para tentar cubrilas "de modo inmediato".

Alfonso Rueda cualificou de "exitoso este sistema pioneiro" que puxo en marcha Galicia para cubrir vacantes de médicos en zonas de difícil cobertura. Rueda avanza que seguirá apostando por este modelo, sempre que "haxa vacantes e persoas dispostas a cubrilas por este sistema".

En concreto, a resolución deste concurso de méritos, ao que se presentaron 181 sanitarios, permitirá estabilizar 60 prazas de pediatría en centros de saúde e outras 12 en hospitais comarcais. 15 irán para centros de saúde da área de Vigo, 12 para a da Coruña, 9 para a de Santiago e outros 9 para a de Lugo, 7 para a de Pontevedra e tres para a de Ferrol.

Canto a hospitais comarcais, catro incorpóranse ao do Salnés, dous nos da Mariña, Barbanza e Verín e un para os de Monforte e O Barco de Valdeorras.

Vivenda 

O Consello da Xunta tamén aprobou este xoves destinar máis de dous millóns en axudas para que os concellos rehabiliten edificios que destinen a alugueiro social. Poderán acceder a estes apoios os municipios de menos de 20.000 e os de menos de 10.000 habitantes en dúas liñas diferenciadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade