Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta amplía a 4,7 millóns de euros as axudas para os negocios de ocio nocturno que pecharon en fin de ano

A Xunta amplía a 4,7 millóns de euros as axudas para os negocios de ocio nocturno que pecharon en fin de ano

A Consellería de Emprego e Igualdade engadirá 1,2 millóns extra á partida inicial prevista, de 3,5 millóns de euros

As axudas varían en función da superficie dos establecementos e ían desde os 2.500 euros, se teñen menos de 100 metros, ata os 45.000 euros para os grandes establecementos

G24.gal 12/04/2022 12:01

A Xunta ampliará ata os 4,7 millóns de euros as axudas extraordinarias dirixidas aos titulares dos negocios de lecer nocturno que optaron por pechar os seus establecementos o pasado fin de ano para poder, desta maneira, chegar a máis de 600 locais.

O obxectivo é atender todas as peticións que cumpran cos requisitos da orde publicada o pasado mes de febreiro no Diario Oficial de Galicia. Segundo informou este martes a Consellería de Emprego e Igualdade engadirá 1,2 millóns extra á partida inicial prevista de 3,5 millóns de euros a fin de compensar as perdas en que estes establecementos incorreron por mor do peche opcional proposto, para evitar a propagación do coronavirus o pasado Nadal.

A Consellería lembra que teñen dereito a acceder a estas axudas directas as empresas do lecer nocturno que comunicasen previamente á Xunta a súa decisión de suspender a súa actividade entre o día 31 de decembro de 2021 e o día 3 de xaneiro de 2022.

As axudas alcanzan contías que varían en función da superficie dos establecementos e que ían desde os 2.500 euros, se teñen menos de 100 metros, ata os 45.000 euros para os grandes establecementos, con máis de 2.000 metros cadrados.

A día de hoxe recibiron os pagos un total de 479 empresas e a Xunta estima superar as 600, entre discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas e de concertos, grazas a esta ampliación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos