A Xunta confía en chegar a un acordo cos colexios de médicos
A Xunta confía en chegar a un acordo cos colexios de médicos
Alfonso Rueda reúnese este martes cos representantes das organizacións médicas
O presidente da Xunta Alfonso Rueda reúnese mañá cos colexios de médicos de Galicia. Debaterán como aliviar a saturación nos centros de saúde, en tensión polo incremento dos virus no outono.
Na véspera desa xuntanza, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aseguraba que confiaba en que consigan chegar a un “acordo”.
A pasada semana o Colexio de Médicos de Pontevedra emitiu un comunicado en que rompía relacións coa Consellería de Sanidade ata que houbese un cambio de responsables na súa cúpula pola actual deterioración asistencial.
O vicepresidente segundo remarcou que tanto a Xunta como os colexios médicos traballan por ter “unha sanidade óptima”, polo que espera que no encontro se poñan encima da mesa “solucións” nun momento complicado pola escaseza de médicos e o aumento de virus.