Cargando resultados...
A Xunta de Galicia aposta por reforzar aulas e profesorado no novo curso escolar
A Xunta de Galicia aposta por reforzar aulas e profesorado no novo curso escolar
Educación di que se crearon catro mil novas prazas de mestres nos últimos dous anos
G24.gal
23/08/2023 14:35
E ás portas do inicio do novo curso escolar, o Goberno galego intensifica os preparativos dos centros para ter todo a punto. Entre as obras que se están desenvolvendo está a mellora da eficiencia enerxética das escolas e institutos onde a Xunta está a investir preto de dous millóns de euros.
O conselleiro de Educación visitou os traballos de rehabilitación do instituto da Xunqueira de Pontevedra. Román Rodríguez di que a Xunta aposta por reforzar aulas e profesorado, coa creación de 4.000 novas prazas en dous anos.