Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e concellos afectados polo peche das centrais de Meirama e As Pontes traballan para conseguir axudas

A Xunta e concellos afectados polo peche das centrais de Meirama e As Pontes traballan para conseguir axudas

Os concellos poden optar ás axudas do Ministerio de 91 millóns de euros a repartir entre todas as zonas de España na mesma situación

G24.gal 09/11/2021 17:15

A Xunta vai colaborar cos concellos afectados polos peches das centrais de Meirama e As Pontes para buscar alternativas que revitalicen a economía e poder acceder a mellores axudas.

Hoxe reuníronse cos vencellados a central de Meirama: son os municipios de Cerceda, A Laracha, Ordes, Tordoia e Carral. Os concellos poden optar ás axudas que dá o Ministerio: 91 millóns para repartir entre todas as zonas de España que estean na mesma situación.

A Xunta vai colaborar para que presenten as mellores propostas e así poidan optar a máis fondos. E tamén pediron a participación das comunidades nos comités que avalíen os proxectos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade