Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta Electoral Central insta o Parlamento de Cataluña a que lle retire a acta de deputada a Laura Borràs

A Xunta Electoral Central insta o Parlamento de Cataluña a que lle retire a acta de deputada a Laura Borràs

Argumenta que a súa condena por prevaricación é incompatible co escano

G24.gal 13/04/2023 20:30 Última actualización 13/04/2023 20:35

A Xunta Electoral Central dálle dez días ao Parlamento de Cataluña para que se pronuncie sobre a retirada do escano a Laura Borràs. 

A expresidenta da cámara catalá foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza autonómico a catro anos de prisión e trece de inhabilitación polos delitos de prevaricación e falsidade documental.

Atendendo ás reclamacións que presentaron PP, Ciudadanos e Vox, a Xunta Electoral determina que Borrás non pode ser deputada despois da condena. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade