Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta quere potenciar a atención primaria a domicilio

A Xunta quere potenciar a atención primaria a domicilio

A intención é chegar a todos os que a precisen

G24.gal 11/02/2024 14:00 Última actualización 11/02/2024 16:07

A directora de planificación sanitaria da Xunta subliña que o proxecto que aprobaron esta semana para reforzar a atención primaria a domilicio quere chegar a toda a poboación que o precise.

"Pacientes inmobilizados, pacientes con necesidade de coidados paliativos ou de final de vida, pacientes que teñan patoloxía crónicas complexas ou avanzadas", explica Sofía López Linares.

O plan, ademais de deseñar un protocolo común de actuación e un modelo de avaliación integral das necesidades do paciente, prevé a creación de equipos profesionais dinámicos.

"Agora aquí, logo podémolos mover alí. Son uns equipos para dar apoio ao equipo básico de atención primaria, que son os responsables dos seus pacientes, tanto o médico, como a enfermeira, como todas as unidades de apoio, porque agora contamos con nutricionistas, fisioterapeutas ...", puntualiza a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria.

Sofía López Linares sinala que o plan ten un marco temporal de dous anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade