Cargando resultados...
A Xunta reclama que a PAC teña en conta as particulariedades do agro galego
A Xunta reclama que a PAC teña en conta as particulariedades do agro galego
O conselleiro do Medio Rural pide a suspensión temporal da normativa
G24.gal
08/03/2024 14:01
O conselleiro do Medio Rural, José González, reclama que a lexislación da Política Agraria Común teña en conta as características específicas de Galicia. Asegura que as propostas do ministro de Agricultura están máis pensadas para o Mediterráneo, e por iso quere facer fronte común co resto de comunidades autónomas da cornixa cantábrica.
González apunta que "España mentres se fai este traballo, que ten que ser urxente, ten que pedir unha suspensión temporal de toda esta normativa que impón estas trabas burocráticas que pon en perigo a sostenibilidade económica das nosas explotacións".