Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta urxe o Goberno a acelerar o AVE Vigo-Porto no cumio hispano-luso

A Xunta urxe o Goberno a acelerar o AVE Vigo-Porto no cumio hispano-luso

Diego Calvo di que se Madrid non prioriza o proxecto, non haberá alta velocidade entre ambas as dúas cidades en 2030

O Eixo Atlántico considera que España chega á cita de Viana do Castelo cos deberes sen facer

G24.gal 30/10/2022 14:37 Última actualización 30/10/2022 17:57

O goberno galego espera que Viana do Castelo sexa esta semana escenario dun compromiso firme para a conexión do AVE entre Vigo e o Porto. A cinco días do cumio de mandatarios españois e portugueses, o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, insta o Goberno central a darlle un impulso ao proxecto.

"Nós o que demandamos nese cumio é que se poñan datas concretas e compromisos concretos. Teñen dito en moitas ocasións, no Goberno español, que si lles interesa pero a día de hoxe non temos ningunha concreción. A saída sur de Vigo está aínda sen poder definirse".

O obxectivo do Goberno luso e ter lista a infraestrutura no ano 2030.

"Ou se poñen a tope no Goberno español ou os prazos que marca o Goberno portugués non imos ser quen de cumprilos", di Calvo.

Bruxelas incluíu o treito dos 150 quilómetros entre Vigo e o Porto na rede básica da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade