Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta vai financiar o programa Emocionarte para mellorar a hospitalización infantil

A Xunta vai financiar o programa Emocionarte para mellorar a hospitalización infantil

Leva xa sete anos aplicándose no hospital Clínico de Santiago

Inclúe diferentes actividades lúdicas e artísticas 

G24.gal 29/04/2023 14:47 Última actualización 29/04/2023 15:08

Uns 20 nenos e nenas participan agora no hospital Clínico Universitario de Santiago no Programa Emocionarte dentro da aula escolar do centro hospitalario. Con diferentes actividades e talleres pretenden que os cativos pasen o mellor posible o proceso de hospitalización.

"Levamos sete anos con este proxecto Emocionarte, onde mesturamos as emocións coas diferentes artes: arquitectura, pintura, música, cinema, etc... De xeito que os nenos no hospital pasan un tempo agradable", di Eduardo Agraso, representante da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

As actividades adáptanse ás idades dos pequenos que participan, desde os dous anos ata os catorce. Esta iniciativa organízaa a Asociación de Heteroplasia Ósea Progesiva, a obra social de pediatría e a aula escolar do hospital Clínico. 

"Máis aló da asistencia temos que demostrar o noso carácter humano, os nenos teñen que estar nunha contorna que non sexa hostil", engade Susana Rey, xefa da sección de hospitalización pediátrica do CHUS.

Este sábado a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitaba os cativos que participan neste programa. 

"É un auténtico gusto desde a Consellería de Política Social poder financiar o programa Emocionarte, que leva funcionando xa durante sete anos e que agora por primeira vez imos financiar desde a Xunta", destaca Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude.

E con iso, destacan, pretenden mellorar a calidade de vida dos nenos e os seus familiares inmersos nun proceso difícil de hospitalización e de afrontamento dunha enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade