Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta vai presentar recurso de "inconstitucionalidade" contra a Lei de vivenda

A Xunta vai presentar recurso de "inconstitucionalidade" contra a Lei de vivenda

Ánxeles Vázquez dixo que non van permitir "que a ocupación sexa o título habilitante para ter unha vivenda pública"

G24.gal 06/02/2024 12:57

A vicepresidenta segunda, Ánxeles Vázquez, confirmou este martes que a Xunta lle pediu un informe ao Consello Consultivo de Galicia para recorrer, por "inconstitucionalidade", a Lei de vivenda estatal.

En declaracións aos medios antes de participar na reunión do consello do Observatorio da Vivenda, a tamén conselleira do ramo asegurou que se non obteñen resposta do Goberno central, esta semana van presentar a demanda. 

Ánxeles Vázquez reiterou que dende a Xunta non van permitir "que a ocupación sexa o título habilitante para ter unha vivenda pública".

Respecto á comisión sectorial celebrada en Madrid, volveu reprochar que "tardaran quince meses en convocala". Segundo dixo, o Goberno galego expuxo "os malos datos" da "aprobación da lei de vivenda", para a que, lembrou, "non se tivo en conta as comunidades autónomas".

"Grande inseguridade"

Nesta liña, censurou que debido "á grande inseguridade que se está creando", a nivel nacional "un 30 % das vivendas retiráronse do mercado para o alugueiro, buscando outras vías, como vender ou que pasen para vivenda turística".

Na xuntanza, a Xunta tamén "deu a coñecer a xestión que fixo dos fondos europeos".

"Cunha xestión e certificación do 100 % dos fondos europeos e pedindo máis recursos", explicou.

Indicou que agora lles farán "unha achega duns 25 millóns de euros", aínda que, segundo manifestou, "o compromiso por parte do Goberno central era que aquelas comunidades que cumprisen sairían reforzadas da repartición de fondos". 

"Parece que non vai ser así, pero demandamos 140 millóns de euros que sería o necesario para facer fronte a aquelas solicitudes que temos encima da mesa de eficiencia enerxética e que cumprirían perfectamente para ser axudados e, desta maneira, seguir avanzando na liña que manda Europa", aseverou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos