Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta valora o plan de Alemaña de axudas á industria e acusa de "inacción" o Goberno de Sánchez

A Xunta valora o plan de Alemaña de axudas á industria e acusa de "inacción" o Goberno de Sánchez

Bruxelas avalou o plan de Alemaña para compensar con axudas públicas o aumento dos custos pola suba do prezo da electricidade a empresas que fan un uso intensivo de enerxía

G24.gal 20/08/2022 14:43 Última actualización 20/08/2022 14:57

A Comisión Europea deu luz verde ao plan do Goberno alemán para compensar con 27.500 millóns de euros en axudas públicas polo aumento do prezo da electricidade de empresas cun uso intensivo de enerxía.

Desde a Xunta de Galicia valoran positivamente o plan de Alemaña para buscar solucións para a súa industria e acusan de "inacción" o Goberno de España.

"É unha impotencia a que temos nestes momentos vendo como Alemaña pon os seus recursos a disposición da súa industria e mentres tanto en España hai unha inacción para favorecer o desenvolvemento da industria que está provocando paralización de moita da nosa industria electrointensiva, como é o caso de Alcoa... ou incluso empresas de conxelación", di Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía.

A medida aprobada por Bruxelas facilitaría reducir a dependencia dos combustibles fósiles e aceleraría a transición enerxética. A medida ten tamén como obxectivo evitar que as compañías abandonen o país e trasladen a súa produción a países fóra da UE con políticas climáticas menos ambiciosas.

"Cremos que o Goberno ten que reaccionar porque corremos un risco de deslocalización da nosa industria", engadiu.

O vicepresidente económico da Xunta engadiu que a "inacción" do Goberno central está a poñer en risco tamén moitos postos e traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade