A xustiza autoriza a prórroga do certificado covid en hospitais e residencias
A xustiza autoriza a prórroga do certificado covid en hospitais e residencias
O TSXG defende que é unha medida "necesaria, idónea e proporcionada", especialmente neses espazos de "maior concentración de persoas vulnerables"
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou a Xunta a prorrogar ata o 7 de maio a obriga de presentar un certificado de vacinación contra a covid-19, de recuperación ou de proba diagnóstica negativa de infección de coronavirus para visitar a pacientes en hospitais e residencias de maiores.
Nun comunicado, o TSXG sinala que esa medida pretende "defender a saúde pública malograda pola pandemia" de covid-19, especialmente neses espazos de "maior concentración de persoas vulnerables".
O alto tribunal considera que ante a situación epidemiolóxica actual é necesario esixir aínda un deses tres certificados covid-19, "tanto para evitar a transmisión do virus como para contribuír a que a poboación máis resistente a vacinarse o faga".
Apunta que manter o certificado é unha medida "necesaria, idónea e proporcionada" en relación aos "sacrificios" esixidos en materia de saúde pública.
Galicia é nestes momentos a única comunidade que mantén en uso o pasaporte covid.