Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza dálle dez días a Griñán para ingresar en prisión

A xustiza dálle dez días a Griñán para ingresar en prisión

A Audiencia de Sevilla desestima os recursos dos condenados a penas de cárcere na peza política do caso dos ERE

G24.gal 22/12/2022 13:37

A Audiencia de Sevilla desestimou os recursos dos condenados pola peza política do caso ERE e requiriu a sete deles, entre eles o expresidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, para que ingresen voluntariamente en prisión nun prazo de dez días.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Sevilla ditou un auto, datado este xoves, en que desestima os recursos de súplica presentados por oito dos condenados a cárcere por este caso, todos eles exaltos cargos da Junta de Andalucía, contra a resolución na que o tribunal denegou suspender as penas privativas de liberdade mentres se tramita o indulto.

Con todo, aínda que desestima o recurso presentado pola defensa do exviceconselleiro de Emprego Agustín Barberá, suspende o seu ingreso en prisión ata que se tramite a suspensión da execución da pena solicitada pola súa defensa debido a que está pendente dun informe do médico forense ao estar afectado dunha enfermidade moi grave.

A Audiencia require, polo tanto, a sete deles para que no prazo de dez días naturais ingresen voluntariamente nun centro penal, prazo que empezará a contar a partir deste venres 23 de decembro, cando se produce a notificación efectiva aos procuradores, segundo informou o TSXA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade