Acendido en Ribadavia para converterse na vila de España que máis brille este Nadal
Acendido en Ribadavia para converterse na vila de España que máis brille este Nadal
Ribadavia gañou o concurso 'Xuntos brillamos máis' organizado por unha coñecida marca de bombóns
Competiron durante un mes, gañaron e hoxe recibiron a brillante recompensa. Falámoslles de Ribadavia, que xa acendeu o premio. Acendido, porque o premio eran as luces de Nadal.
Ribadavia gañou o concurso 'Xuntos brillamos máis' organizado por unha coñecida marca de bombóns e agora, ao proclamarse vencedor, convértese na vila que máis vai brillar este Nadal en toda España.
Os lugares máis emblemáticos da vila locen esa decoración especial. O castelo dos Condes, a Praza Maior, a Torre do Reloxo ou as rúas do barrio xudeu son algúns deses lugares.
Os veciños están encantados, e o alcalde estalles agradecido por como se mobilizaron para conseguir gañar o concurso.
Esta vitoria é unha oportunidade para amosar a todos os atractivos de Ribadavia.