Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o plan viario invernal nas estradas autonómicas de Galicia

Activado o plan viario invernal nas estradas autonómicas de Galicia

A provisión de fundentes para a rede autonómica de estradas suma case 5.400 toneladas

"Sempre que a AEMET prognostica temperaturas por baixo dos tres graos nós saímos botar salmoira todas as noites", di un membro do equipo de prevención

Imaxe dunha das quitaneves do centro operativo de estradas da Xunta á beira da AG-53 este martes
G24.gal 16/11/2022 12:37

Sal, mariña ou de mina, e quitaneves. Son, tras os operarios de conservación, os elementos clave no plan viario invernal.

Este de Cea, á beira da AG-53, é un dos 26 centros operativos dependentes da Xunta de Galicia para facilitar a mobilidade nos 5.500 quilómetros de estradas e autovías de titularidade autonómica.

Están xa listos para facerlles fronte a xeadas e nevaradas, principais riscos atmosféricos para a seguridade na condución nesta época.

"Este ano está a ser un pouco máis suave que outro, porque no pasado por estas datas xa sairamos coas máquinas a botar sal. Este ano de momento aínda non fixo falta", di José Reboredo, condutor de quitaneves e operario de conservación de estradas.

A provisión de fundentes para a rede autonómica de estradas suma case 5.400 toneladas. A maior parte, de sal mariña para obter salmoira e, tamén sal de mina. A oficina de pantallas deste centro ourensán é punto de arrincada de moitas intervencións deste persoal encargado das AG-53 e 54.

Di Reboredo que "non fai falta que neve para saírmos. Sempre que a AEMET prognostica temperaturas por baixo dos tres graos nós saímos botar salmoira todas as noites. Que agora só botamos salmoira, agás se hai neve, que daquela botamos máis do silo para esparexer sal de mina tamén".

"Facemos tres pasadas de vixilancia: á mañá, ao mediodía e á noite, por se houbese algún obstáculo na estrada, algunha deterioración na vía ou algo que puidera caer de algún vehículo. E despois, á parte, servizo de 24 horas por se nos chama Tráfico para atender algunha necesidade en estrada", explica o condutor do camión quitaneves.

Ata o 30 de abril céntranse no plan invernal e  o resto do ano traballan noutras tarefas de mantemento viario. Intégrano 390 profesionais, 80 vehículos e máis de 100 accesorios.

Tamén despregan o seu equipamento as outras administracións, a central e a local, para atender a súa respectiva rede viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade