Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os afectados polas riadas de Valencia buscan coches de ocasión en Expourense

Os afectados polas riadas de Valencia buscan coches de ocasión en Expourense

Os concesionarios da súa zona están saturados e exploran novos mercados, coma o Salón do Vehículo de Ocasión

Nesta edición hai máis de catrocentos coches, desde utilitarios a vehículos de alta gama

 

G24.gal 23/11/2024 20:20

É unha das feiras máis exitosas. Moitos dos que veñen ao salón do automóbil de ocasión fano coa intención de comprar, para aproveitaren a rebaixa de prezos.

"Nun vehículo destes podemos ter tranquilamente 3.000 euros de diferenza", indica Teresa, vendedora.

Os concesionarios queren liberar estocaxe antes de que remate o ano. Hai vehículos seminovos, de segunda man e de quilómetro cero.

"Moitos destes coches conducímolos nós mesmos, os traballadores dos concesionarios, que lles damos moi bo trato", explica José María, tamén vendedor.

Un mercado que segue crecendo, pola indefinición en canto ao tipo de motor máis axeitado e tamén pola rápida entrega: "Practicamente entrega inmediata, porque están matriculados e o papeleo é bastante rápido", sinala David, outro vendedor.

Nesta décimo quinta edición hai á venda máis de catrocentos coches. Algúns irán para Valencia.

"Por saturación de mercado. Os concesionarios na súa zona están saturados. Moitos incluso perderon os coches que tiñan", comenta David.

Os prezos oscilan nun amplo abano. Desde utilitarios por menos de dez mil euros, ata quilómetros cero de alta gama que soben dos sesenta mil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade