Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agárdase para esta noite a primeira nevada do inverno na montaña de Lugo

Agárdase para esta noite a primeira nevada do inverno na montaña de Lugo

Podería callar a partir dos 800 metros de altitude

G24.gal 14/01/2023 19:33 Última actualización 14/01/2023 19:49

Agárdase que a estampa deste domingo no Cebreiro sexa semellante á que se viviu na localidade hai un ano. Será a primeira nevarada do inverno e virá acompañada dun tempo propio da época, con descenso de temperaturas.

Incrible pensar que o panorama cambiará en cuestión de horas. Na Fonsagrada este sábado un termómetro na rúa indicaba dez graos. É o primeiro inverno en máis de corenta anos sen neve nesta zona a estas alturas da estación.

Agárdase que a neve chegue esta madrugada. Podería callar a partir de 800 metros. Hai un aviso por acumulacións de cinco centímetros na montaña de Lugo e Ourense, unha mostra de que non só no calendario é inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos