Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agolada, Corazón de Artesanía, festa dos oficios

Agolada, Corazón de Artesanía, festa dos oficios

Os Pendellos acollen unha nova edición do Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

G24.gal 08/07/2022 16:46

Este venres inaugurábase nos Pendellos de Agolada unha nova edición do Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. A mostra, aberta ata o domingo, é toda unha panorámica polos produtos e deseños de 27 oficios diferentes.

Rematando a montaxe para tres días de intensa actividade no Corazón de Artesanía as sinerxias vólvese imprevisibles. Cerámica e cociña, viños e zocos moda e cestería. As relacións entre os 57 artesáns son unha das bases deste evento.

Un sector que se renova. Case a metade dos novos obradoiros son de artesáns menores de 40 anos. Para Alberto é o seu primeiro ano aquí, é a cuarta xeración de oleiros de Buño. El ve un futuro positivo.

Os novos e os sabios. Entre os veteranos, tres premios nacionais, testemuñas da evolución deste sector.

Estes días agardan público, pero tamén grandes firmas internacionais, coma Loewe, que visitan a feira.

A evolución pasa tamén pola inclusión. A asociación de familias con parálise cerebral de Vigo estrea marca na feira 'A casa rodante'.

Ademais da mostra, talleres, concertos e gastronomía ata o domingo no Corazón de Artesanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade