Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta mantén que agricultores e gandeiros van poder seguir facendo queimas

A Xunta mantén que agricultores e gandeiros van poder seguir facendo queimas

 As queimas de restos agrícolas seguirán permitíndose sempre con previa autorización

Un home queima restos da poda
G24.gal 01/03/2023 15:14

"Os maiores defensores do medio ambiente e os maiores xestores do territorio en Galicia son os agricultores e gandeiros. O que non podemos facerlles é poñerlles trabas continuamente ao desenvolvemento da súa actividade", relata José González, conselleiro do Medio Rural.

En Galicia concédense cada ano 400.000 autorizacións para facer queimas. Son polo xeral para pequenas explotacións, as mesmas que se contemplan no novo regulamento da Política Agraria Comunitaria para dar permisos de queima. Con todo, o Goberno central desaconsella estas prácticas, pola contaminación que producen.

"Os restrollos se se queiman non contaminan nada, penso eu, e senón que os veñan eles recoller porque doutro xeito...", apunta un afectado.

Unha das solucións que se achegan é a trituración dos residuos, pero iso supón un aumento nos custos de produción.

"Eu non teño tractor, e coma min hai moita xente que non ten tractor, e logo, que vai facer, pagar para trituralas?, veña home", continúa.

Cando todo apuntaba á fin das queimas, o Goberno galego pronúnciase.

"Por suposto nós imos seguir permitíndoas, previa comunicación, como levamos facendo dende fai moitos anos, e o que lle pediría ao Goberno central é que comprendamos entre todos que se non hai agricultores e gandeiros no territorio o que vai haber é abandono e incendios forestais", explica o conselleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar