Aínda non hai data nin cifra de inmigrantes africanos que acollerá Galicia
Aínda non hai data nin cifra de inmigrantes africanos que acollerá Galicia
O Delegado do Goberno compromeuteuse a facilitar os datos cando estean pechados
"Son persoas coma nós", reiterou este sábado o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen dixo que se está actuando exactamente igual que cos ucraínos e que lle dan vergonza algunhas actitudes, así como agradece o xesto de persoas, empresas, concellos ou institucións como a FEGAMP que si están tendendo a man á chamada de auxilio da comunidade canaria.
Como a arribada de inmigrantes segue medrando nas Canarias, haberá variacións e no calendario inicialmente previsto tamén pode haber cambios ou aprazamentos pola polémica. O calendario é flexible e dinámico.
Pedro Blanco tamén apuntou que chamará persoalmente ao presidente Rueda e aos alcaldes afectados cando estean definidas as cifras e as persoas e os concellos acolledores e tamén quixo facer un chamamento á tranquilidade.